
Primeiro de todo, explicádenos quen son TERBUTALINA
Terbutalina está formado por catro papahostias: Migui, Mon, Brais e Samo. Aínda que é de xustiza admitir que levamos oito meses celebrando cástings por todo o país para incluír unha teclista birolla, con escaso resultado até agora.
Cal foi o detonante do voso nome (tedes problemas de asma)?
Coñecémonos nas reunións de “Asmáticos Anónimos Con Ganas de Perrear” que se celebraban no soto da Igrexa de Muros. Alí comezamos a deseñar o plan de empresa dun grupo musical para financiar os nosos ventolíns e as empanadas de bonito (atún) que tomabamos nas reunións.
Cales son os ingredientes do GASTROPUNK?
Fritanga, velocidade, produtos típicos, distorsión, mencía, ribeiro, albariño, cervexa, empanada… A clave é que só imos tocar a sitios onde nos dan de comer.
De onde veñen as vosas letras?
Aplicamos unha función localmente integrable desenvolta pola University of Tehran ao conxunto de palabras léxicas dos programas do Partido Popular e UPyD. Despois collemos os resultados obtidos e poñémolos a macerar en aceite con ortigas durante tres días e tres noites. Logo collemos batémolo todo e imos engadindo fariña (da de comer, non da de Vilagarcía) aos poucos e un chisco de sal e pemento picante. Cando temos unha masa uniforme, entregámoslla en sinal de respecto ás deusas do Gastropunk. No caso de que admitan a nosa ofrenda, dinnos un tras un os versos das cancións. No caso de que non a admitan, mandámoslle un privado polo Facebook a Cañita Brava que colle e mándanos os descartes dos seus temas.
Canto tempo levades tocando?
Todos vimos doutros grupos nos que tocabamos antes: THE, Razzia, Metralla, Skaiola Borrokal, The Inventors, Marta del Castillo e os que a Buscan co Rastrillo, FranciscaModoKika, B de Biolador, Patarruxo Brutal… Como Terbutalina levamos un ano e pico e coa formación actual algo menos.
Cales son as vosas perspectivas de futuro?
Tocar, tocar e tocar. Comer, comer e comer.
Cales son as vosas influencias?
John Happy Driver (50%), Slayer (25%), Peter Rufai (10%), A Nai del Cuco e os que se poñen farrucos (10%) e Ti e cantos máis (5%).
Cales son as bandas que máis vos molan do panorama actual?
Pois hai moitos grupos que pagan a pena, a verdade. Por citar uns poucos a bote pronto: Familia Caamagno, John Happy Driver, os Telephone, Ataque Escampe, Ciclos Iturgaiz, Zoofilia-a-a!, Deseqilibrio Mental, O Leo…
Realmente queredes explotarlle un jrano a RAJOY?
As nosas letras non hai que tomalas literalmente. Cando dicimos o do jrano na canción “R.A.J.O.Y.”, o que realmente queremos dicir e que desexamos lamberlle a barba para así significar o gran estadista que é e será.
Que vos parece o noso Proxecto? Bastante caralludo, a verdade. Mola que produzades un produto de tanta calidade e que saquedes á luz proxectos e creadores que se atopan fóra do sistema.
Como son as visas CRISIS?
Acaban en vómitos, hostias para todos e comida malgastada. Despois vén o mellor, que é cando nos reconciliamos e acabamos suando todos nunha cama.
——————————————————————————————————